Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.345

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 14 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/87-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. rúa Inés Pérez de Ceta, nº 3.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 90 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. SDM 7.04 na rúa Inés Pérez de Ceta alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na rúa Inés Pérez nº 3, no concello de Vigo, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 14 de marzo de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra