Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 5 de abril de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan citacións para comprobación do imposto de taxa fiscal sobre xogo (exercicio 2001) pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Recreativos Roberán, S.L. e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse citacións para com

probación do imposto de taxa fiscal sobre xogo, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 60 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección dos tributos.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con domicilio na rúa Michelena 30 Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 5 de abril de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Recreativos Roberán, S.L.

NIF: B-36027217

R/ Avenida de Marín, 16-baixo

Cangas

Taxa fiscal sobre xogo

Taxa sobre máquinas recreativas tipo B

Período: 2000-2001

Recreativos Rías Altas, S.L.

NIF: 35439988-R

R/ Dos Niños, 31

Oleiros

Taxa fiscal sobre xogo

Taxa sobre máquinas recreativas tipo B

Período: 2001

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA