Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.323

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2002 pola que se convoca un curso sobre a calidade no servicio policial.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2002, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre a calidade no servicio policial, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñece-la importancia que ten un nivel de calidade adecuado no traballo policial.

-Saber cales son os indicadores dun nivel adecuado e óptimo de calidade no servicio.

-Planificación e implantación de estratexias e patróns de calidade, así como control e avaliación dos mesmos.

Destinatarios.

O curso vai dirixido en especial ós membros das Forzas e Corpos de Seguridade que teñan funcións de mando ou dirección nos seus cadros de persoal, e tamén ó resto dos membros dos corpos das policías locais de Galicia, membros da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia; e no caso de quedaren prazas vacantes ós membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertarán neste curso será de 27.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar cuberta a máquina ou con letra moi clara a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 16 de maio, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico e seladas; isto será requisito indispensable para ser admitido no curso, o incumprimento deste requisito implicará á exclusión do devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.41º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso celebrarase durante os días 28, 29 e 30 de maio.

O horario será de 9.30 a 13.30 horas e de 16 a 20 horas durante os días 28 e 29; e o día 30 só en xornada de mañá.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 21 de maio, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

O curso desenvolverase na sede da Academia Galega de Seguridade, sita na Avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia, a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 18 de abril de 2002.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade