Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.316

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., centro de traballo de Nigrán.

Vista a acta da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., centro de traballo de Nigrán, con nº de código 3602601, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-2-2002, subscrita en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, con data do 31-2-2002. De conformidade co disposto no artigo 44.2º do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 20 de marzo de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa

Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.

Centro de traballo de Nigrán

Delegado de persoal: Roberto Pérez Costas; Rufino Santalices Gil (asesor).

Empresa: Guillermo de Cal Alonso, Miguel Ángel Guerra Martín e Guillermo Davila Davila.

En Nigrán, ás 17 horas do día 31 de xaneiro de 2002, nas dependencias da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., situadas na rúa Rosalía de Castro, reúnense as persoas relacionadas, como delegado de persoal e la representación da empresa adxudicataria do servicio de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria de Nigrán, coa seguinte orde do día:

1. Aprobación das táboas salariais para o ano 2002.

2. Calendario laboral para o ano 2002.

3. Revisión de artigos con contido económico:

Primeiro.-Apróbanse as táboas salariais para o ano 2002, que incrementaron as do ano 2001, no 3,70%,

en aplicación do previsto no artigo 44.2º do convenio. Xúntase a esta acta como anexo I.

Segundo.-Apróbase o calendario laboral para o ano 2002, que figura xunto coa acta como anexo II.

Terceiro.-Modifícanse, no seu contido económico, os artigos do convenio que a seguir se relacionan:

Art. 29.-Axuda familiar.

Pesetas: 5.581.

Euros: 33,54.

Art. 30.-Póliza accidentes a).

Pesetas: 2.006.595.

Euros: 12.059,88.

Art. 30.-Póliza accidentes b).

Pesetas: 2.006.595.

Euros: 12.059,88.

Art. 36.-Créditos persoais.

Pesetas: 1.037.000.

Euros: 6.232,50.

Art. 37.-Axudas de custo (completa).

Pesetas: 6.201.

Euros: 37,27.

Art. 37.-Axudas de custo (media).

Pesetas: 3.101.

Euros: 18,64.

Acórdase, así mesmo, dirixirse á autoridade laboral para efectos de rexistro e publicación dos acordos alcanzados.

Sen máis asuntos que tratar levántase a reunión, ás 17 horas e 30 minutos.

ANEXO II

Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.

Delegación Galicia-Medio Ambiente

Servicio de RBU e limpeza viaria de Nigrán

Cadro horario para o ano 2002

1. Servicio de RBU:

* 16 setembro a 15 de xuño (luns a sábado):

Noite: de 23 a 6 horas.

Mañá: de 7 a 14 horas.

* 16 de xuño a 15 de setembro (diario):

Noite: de 23 a 6 horas.

Mañá: de 7 a 14 horas.

2. Servicio de L. viaria:

* 16 de setembro a 15 de xuño (luns a sábado):

Mañá: de 7 a 14 horas.

* 16 de xuño a 15 de setembro (diario):

Mañá: de 7 a 14 horas.

3. Servicio de talleres:

* 16 de setembro a 15 de xuño (luns a sábado):

Mañá: de 7 a 14 horas.

* 16 de xuño a 15 de setembro (diario):

Mañá: de 7 a 14 horas.

4. Servicio de oficinas:

* 16 de setembro a 15 de xuño (luns a sábado):

Mañá: de 7 a 14 horas.

* 16 de xuño a 15 de setembro (luns a sábado):

Mañá: de 7 a 14 horas.

5. Festivos locais: día 24 de xuño (luns) e día 1 de agosto (xoves).

6. Festivos S./Artº 19 conv.: día 3 de novembro.