Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.313

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 26 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo do sector de transporte de mercadorías por estrada.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 70, do xoves, día 11 de abril de 2002, cómpre face-la seguinte corrección:

-Na páxina 4.694, no apartado: * Axudas de custo, onde di: «En Galicia: 28,89 E/día», debe dicir: «En Galicia: 29,89 E/día».