Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.292

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

CONTRATACIÓN de servicio.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contrata servicios de ambulancias.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sita no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta, 15706 Santiago de Compostela, de 12 a 14 horas ata o 13 de maio de 2002 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, de 12 a 14 horas, ou a través de Internet, no seguinte enderezo: www.sergas.es/contratacion, desde o día 2 ata o 13 de maio de 2002 (incluídos). No caso de precisar máis información poden chamar ó teléfono 981 54 67 64.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2002.

Rosa Álvarez de Blas

Directora de Xestión e Servicios Xerais

da Fundación Pública Urxencias Sanitarias

de Galicia-061