Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C. seccionamento polígono industrial-Salnespan.
Situación: Ribadumia.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 229 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T.S. ó C.D. Granitos Oliveira, alimentando en bucle o centro de seccionamento que se proxecta en Salnespan, no polígono industrial, no concello de Ribadumia. C. seccionamento con tres celas de liña CML-SF6.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 14 de marzo de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra