Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 2 de abril de 2002, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan requirimentos de documentación, pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Comesaña Fontán, David e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse requirimentos de documentación, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na rúa Concepción Arenal, nº 8, 3ª planta, Vigo, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 2 de abril de 2002.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Comesaña Fontán, David

DNI: 35874202

Conde Torrecedeira, 21, 2º E

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Expte. S-186/99.

Liq. 650400155722

Estévez Álvarez, Domingo

DNI: 34602086

Conde Torrecedeira, 19, 1 C

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Expte. S-1402/01.

Liq. 650000021256

González Vergara, Generosa

DNI: 34423254

Baixada a Mestre Chané, 7, 5º D

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Expte. S-152/99.

Liq. 650800319064

López González, María del

Carmen

DNI: 36102259

Urzaiz , 193, 2º

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Expte. S-193/99.

Liq. 650800319193

Santoro Sánchez ,Guillermo

DNI: 00796075

Pza. Compostela, 25, 8º

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Expte. S-240/98.

Liq. 650600305015