Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2002 Páx. 6.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión ordinaria que tivo lugar o día doce de abril de dous mil dous, aprobou inicialmente os proxectos de estatutos e de bases de actuación da xunta de compensación, presentados polos propietarios do solo do Plan parcial dun sector de solo apto para urbanizar (SAU Z-12) LENDO.

O expediente sométese á información pública durante vinte días hábiles, de conformidade co establecido no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia. O expediente poderá ser examinado nos días sinalados polas persoas que se consideren afectadas e formularse as alegacións pertinentes.

Lugar de exposición do expediente: Oficina Técnica (2ª planta da casa do concello).

Horario: 10 a 12 horas.

A Laracha, 12 de abril de 2002.

José Manuel López Varela

Alcalde