Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2002 Páx. 6.151

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia unha contratación, mediante procedemento aberto, concurso público e tramitación ordinaria (C.P. 17/2002).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998, convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

Departamento de Contratación Administrativa.

Pizarro nº 22.

36204 Vigo.

Teléfono: 986 81 59 37.

Fax: 986 81 60 29.

Páxina web do Sergas: www.sergas.es

2. Modalide da adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

b) Natureza e obxecto do contrato:

C.P. 17/2002. Subministración sucesiva de equipamentos de infusión e accesorios para o C.H. Xeral-Cíes de Vigo.

Cun orzamento total de: 236.138,75 euros, IVE incluído.

4. Prazo de execución: ver folla de especificacións (7.1).

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: ver punto nº 1.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 20 de maio de 2002.

6. a) Data límite da recepción das ofertas: 27 de maio de 2002.

b) Enderezo á que deben dirixirse: ver punto nº 1.

c) Lingua ou linguas nas que se deben redactar: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 7 de xuño de 2002. 8.30 horas, sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional: 2% do orzamento do/s lote/s ós que se licite.

Definitiva: 4% do orzamento de licitación do/s lote/s adxudicado/s.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver prego de cláusulas administrativas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas (folla de especificacións punto 13).

14. Data de envío do anuncio indicativo no Diario Oficial de las Comunidades Europeas: non se enviou.

15. Información complementaria: anuncios: o importe da presente resolución en prensa e nos boletíns oficiais será por conta do/s adxudicatario/s.

16. Data da publicación da preinformación:

17. Data de envío do anuncio: 3 de abril de 2002.

18. Data de recepción do anuncio:

Vigo, 18 de marzo de 2002.

Manuel Sánchez Delgado

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo