Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2002 Páx. 6.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 20 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador OU 7//2001-AN, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, e Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento da lei anterior, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito as alegacións, os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo de conformidade co establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa, o director xeral de Montes e Industrias Forestais desta consellería de acordo co artigo 24.2º b) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade e Decreto 153/1998, do 2 de abril.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoos en calquera entidade bancaria.

Ourense, 20 de marzo de 2002.

Miriam Areal López

Instructora

Vº e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción

OU 7/2001 ANFernando Puga Rodríguez

DNI: 34989579

Avda. de Portugal, nº 156-4º dta.

Ourense

Abandono dun can no interior dun domicilio durante máis dun mesArtigo 21.1º c) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de animais domésticos e salvaxes en catividade300,51 E

(50.000 ptas.)