Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2002 Páx. 6.138

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se adxudican destinos ós médicos forenses aprobados nas probas selectivas convocadas por Resolución do 26 de novembro de 1999.

Visto o expediente instruído para a provisión de agrupacións de forensías polos médicos forenses aprobados nas probas selectivas convocadas por Resolución do 26 de novembro de 1999, e de conformidade co Real decreto 296/1996, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de médicos forenses e Real decreto 1619/1997, do 24 de outubro, que modifica o anterior.

Esta dirección xeral resolveu:

Primeiro.-Nomear para os destinos que se indican ós médicos forenses que no anexo se relacionan.

Segundo.-O prazo para tomar posesión do destino obtido será dun mes, contado a partir da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Terceiro.-Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo competentes, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2002.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza

ANEXO

orde

Apelidos e

nome

DNIDestino adxudicado

1Morte Tamayo, Noemi17736924Primeira Instancia e Instrucción número tres, seis e sete Ourense

2Martínez López, Fernando36025031Primeira Instancia e Instrucción número un e dous Caldas de Reis (Pontevedra)

3Montes Somoza, Rosario33858692Primeira Instancia e Instrucción número un e dous Mondoñedo (Lugo)