Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2002 Páx. 6.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

Para os efectos establecidos no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e visto o artigo 46.2º da citada lei, mediante o presente anuncio dáse publicidade á aprobación definitiva do plan parcial Zapateira I (expediente nº 1/95.PPP) unha vez tramitado da forma legal e regulamentariamente establecida, rexéndose este pola súa normativa que foi publicada no BOP nº 245, do 26-10-1998.

Recursos:

Contra o presente acto poderase interpoñer ben de forma potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou xa directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (STSXG) no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA).

Se se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo deberá facerse perante o órgano municipal do que dimana o presente acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da LRX-PAC.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a STSXG no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación do acordo recorrido, segundo o disposto no artigo 46 da LXCA.

Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a interposición deste sen que fose notificado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a STSXG no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a interposición deste), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 da LXCA en relación cos artigos 116 e 117 da LRX-PAC.

Arteixo, 11 de marzo de 2002.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde