Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Davila III, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
a) Antecendetes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito de data 24-7-2001, Isabel moreira Lojo e Juan Seoane Seoane solicitan autorización para transmisión da concesión da batea Davila III.
Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente, son favorables.
b) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, dictei a seguinte resolución:
Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de José Carlos Seoane Moreira (DNI 33280815-E), da concesión administrativa da batea que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Davila III.
Situación:
Cuadrícula nº: 75.
Polígono: H.
Distrito: O Caramiñal (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 3-3-1960 (BOE/DOG nº 66, do 17 de marzo).
Remate da vixencia: 17-3-2005.
Actuais titulares: Isabel Moreira Lojo (DNI 33107091-V) e Juan Seoane Seoane (DNI 33107093-L).
Novo titular: José Carlos Seoane Moreira (DNI 33280815-E).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter entregado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
A Coruña, 1 de abril de 2002.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120,
do 24 de xuño)
María José Cancelo Baquero
Delegada territorial da Coruña