Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2002 Páx. 6.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 18 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/547).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa de Madrid, 1 B, polígono das Fontiñas (Santiago de Compostela).

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Pibideira-Abellá.

Situación: Frades.

Descricións técnicas: L.M.T.A., R.B.T. e C.T.A. de 100 kVA e 10/20 kV para a mellora da alimentación eléctrica ó lugar de Pibideira e Maquía, na parroquia de Abellá (Frades), a liña terá a súa orixe na L.M.T. aérea de Peñasaco a Abellá, expediente 24881.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 18 de febreiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña