Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2002 Páx. 6.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 4 de abril de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada U-2001/0082, interposto contra unha resolución do director xeral de Urbanismo do 11 de abril de 2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado, co último domicilio coñecido en Camiño Chan do Labrador, 56, Vigo-Pontevedra, a resolución dos recurso de alzada número U2001/0082 interposto por Julio Costas González, en nome e representación da mercantil Las Cinco Jotas de Galicia, S.L., contra a reso

lución do director xeral de Urbanismo de data 11 de abril de 2001, da que a súa parte dispositiva di:

Resolvo destima-lo recurso de alzada (exp. nº U-2001/0082 promovido por Julio Costas González, en nome e representación da mercantil Las Cinco Jotas de Galicia, S.L., contra a resolución dictada, en data 11 de abril de 2001, polo director xeral de Urbanismo, na que se declaran ilegalizables as obras de construcción dunha nave almacén de planta baixa cunha superficie de 2.500 metros cadrados e de ampliación doutra xa existente, mediante a adición dunha cuberta cunha superficie de 313 metros cadrados entre ámbalas dúas naves, cubrindo o camiño público denominado Xosín, en Candeán-Vigo, das que é responsable Las Cinco Jotas de Galicia, S.L., por resultar incompatibles co ordenamento urbanístico vixente e ordena a súa demolición; resolución que se confirma.

Apercíbeselle de que, no caso de incumprimento da orde de demolición, se procederá, de acordo co disposto no artigo 54.3º RDU, á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas reiterables ata logra-la execución polo suxeito obrigado, en contía que oscilará entre as 50.000 e as 500.000 pesetas (30051 e os 3.005,06 A), en función das circunstancias concorrentes e do custo estimado das actuacións necesarias para restaura-la legalidade, ou mediante a execución subsidiaria a custo do interesado.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme co disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998.

E para que conste y lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2002.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda