1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 200/2002.
2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: servicio de cafetería-comedor da Facultade de Ciencias no Campus de Vigo. b) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.
4. Canon de explotación: importe total anual: 1.803,04 euros (300.000 pesetas).
5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas.
6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo-Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46-edificio anexo ó Rectorado, 3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Teléfono: 986 81 35 56. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares e no de prescricións técnicas.
8. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: r/ Areal, nº 46, planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir do día hábil seguinte á data límite para a recepción de ofertas. e) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo 36201. d) Data: o terceiro día seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. e) Hora: 13 horas.
10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Vigo, 22 de abril de 2002.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo