Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a contratación da redacción do proxecto básico e de execución (incluído o estudio de seguridade e saúde) das obras de rehabilitación e adaptación do edificio da Audiencia Provincial de Lugo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxeto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto básico e de execución (incluído estudio de seguridade e saúde) das obras de rehabilitación e adaptación do edificio da Audiencia Provincial de Lugo.

b) Lugar de entrega: Santiago de Compostela.

c) Prazo de entrega: dos meses contados desde o día seguinte ó da data da sinatura do contrato.

3. Procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

A adxudicación deste contrato, ó tramitarse como expediente anticipado de gasto, queda sometida á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 27.533,07 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: dispensada.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 47 32/54 45 17.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Así mesmo, tamén poderán obterse os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion

Os planos de situación e os planos do actual estado do edificio, así como a avaliación de honorarios, soamente poderán recollerse no rexistro xeral da consellería, no enderezo sinalado na antedita alínea b).

g) Data límite para obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará o oitavo día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2º Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 9.30 horas do décimo día natural seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2002.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais