Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta e dos estatutos modificados da Asociación Provincial de Empresarios de Transporte Frigorífico de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta pola que se modifican os estatutos da Asociación Provincial de Empresarios de Transporte Frigorífico de Pontevedra e mailos novos estatutos, consistindo a dita modificación no cambio do artigo 21 destes.

Asinan a acta: Serafín Barral Bernárdez e outro.

Os novos estatutos modificados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 22 de marzo de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra