Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2002 pola que se autoriza unha permuta de puntos de fondeo entre viveiros de cultivos mariños.

Visto o expediente instruído para efectos de outorgamento de autorización para a permuta de puntos de fondeo entre viveiros, apreciáronse os seguintes

a) Feitos.

Primeiro.-Mediante escrito de data 12-11-2001, Juan José Otero Núñez (DNI/CIF: 35416367-R) e

Manuel Otero Núñez (DNI/CIF: 35444016-G), solicitaron permiso para a permuta de puntos de fondeo entre os viveiros denominados Isla I e Oternun.

Segundo.-Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.

Terceiro.-No expediente constan os informes técnicos dos viveiros.

b) Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101) e co Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Segundo.-O expediente tramitouse de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, coas especialidades previstas na Orde do 18 de abril de 2001, pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños (DOG nº 83).

Vistos os antecedente citados e de acordo cos fundamentos de dereito, esta consellería

RESOLVE:

Outorgar a Juan José Otero Núñez con DNI/CIF: 35416367-R e a Manuel Otero Núñez con DNI/CIF: 35444016-G, autorización para o permuta de puntos de fondeadura entre os viveiros que se indican:

-Subtipo: batea.-Nome: Isla I.-Especies: mexillón (M. galloprovincialis).-Localización: 24 Cambados B.-Titular: Juan José Otero Núñez.-DNI/NIF: 35416367-R.-Remate da vixencia: 30-11-2004.

-Subtipo: batea.-Nome: Oternun.-Especies: mexillón (M. galloprovincialis).-Localización: 102 Cambados C.-Titular: Manuel Otero Núñez.-DNI/NIF: 35444016-G.-Remate da vixencia: 29-11-2002.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Como consecuencia da permuta modifícanse as localizacións e vixencias dos títulos habilitantes quedando como se indica:

-Subtipo: batea.-Nome: Isla I.-Localización: 102 Cambados C.-Remate da vixencia: 29-11-2002.

-Subtipo: batea.-Nome: Oternun.-Localización: 24 Cambados B.-Remate da vixencia: 30-11-2004.

Segunda.-Os viveiros afectados deberán adaptarse ás condicions dos polígonos de destino.

Terceira.-A permuta realizarase no prazo máximo de 3 (tres) meses contados desde o día seguinte ó da publicación no DOG da presente resolución. Rematado o prazo indicado para a realización da permuta sen que esta se levara a cabo a autorización quedará sen efecto.

Cuarta.-Os viveiros contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia para o traslado á nova localización.

Quinta.-As datas de fondeadura deberán ser comunicadas con antelación suficiente, mediante escrito dirixido á delegación correspondente desta consellería en Pontevedra, para os efectos de que se realicen baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servicio de Protección de Recursos.

Contra a resolución que se dicte, que poñerá fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos no prazo dun (1) mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous (2) meses, contados, en ámbolos casos, a partir do día seguinte ó da notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 31 de xaneiro de 2002.

P.D. (Orde 18-4-2001)

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS