Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2002, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de construcción do acondicionamento da PO-400 Salvaterra de Miño-Filgueira, treito: Crecente-Filgueira (cruzamento coa C-531), clave PO/00/61.1, termo municipal de Crecente.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras para realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data 30 de agosto de 2001, o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, procede á aprobación do proxecto de trazado das obras do proxecto de construcción do acondicionamento PO-400 Salvaterra de Miño-Filgueira, treito: Crecente-Filgueira (cruzamento coa C-531), clave: PO/00/61.1. termo municipal de Crecente.

Con data do 20 de setembro de 2001, a Xunta de Galicia procedeu a declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 237/2001, publicado no DOG nº 192, do 3 de outubro de 2001.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servicio,

no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuizos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

* Casa do Concello de Crecente.

-Día: 27 de maio de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Aguiar Rodríguez, Luis a Álvarez Estévez, Dolores.

Horario: 16 horas a 19 horas.

De: Álvarez Gómez, Ana Mª a Álvarez Rodríguez, Dolores.

-Día: 28 de maio de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Álvarez Sánchez, Mª Natalia a Barreiro da Silva, Manuel.

Horario: 16 horas a 19 horas.

De: Barros Alonso, Luis Siro a Carballo Pérez, Antonio Oliveros.

-Día: 29 de maio de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Hdros. de Milagros Carpintero a Castromil Moure, Preciosa.

Horario: 16 horas a 19 horas.

De: Hdros. de Germán Cerdeira, a Cordeiro Cancio, Mª Josefa.

-Día: 30 de maio de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Cortés Estévez, Bricia a Desa Dominguez, Rita.

Horario: 16 horas a 19 horas.

De: descoñecido a Díaz da Silva, Daniel.

-Día: 31 de maio de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Diz García, Yolanda a Doncel Moure, Orlando.

Horario: 16 horas a 19 horas.

De: Hdros. de Jerónimo Escariz Vázquez a Estévez González, María.

-Día: 3 de xuño de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Estévez Martínez, Preciosa a Fdez. Arias, Antonio L. e hno.

Horario: 16 horas a 19 horas.

De: Fernánez Bello, Delia a Fernández González, Ignacio.

-Día: 4 de xuño de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Fernández González, Isabel a Filgueiras Feijoo, Teresa.

Horario: 16 horas a 19 horas.

De: Filgueiras Glez., Mª Dolores a Gil Filgueiras, Hdros. Ramón.

-Día: 5 de xuño de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Gil Rodríguez, Mª del Carmen a Gómez Goberna, Antonio.

Horario: 16 horas a 19 horas.

De: Gómez Parada, Delmiro a Gómez Veloso, Luis.

-Día: 6 de xuño de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: González Alonso, Mª Luisa a Iglesia Católica.

Horario: 16 horas a 19 horas.

De: Iglesias Vidal, Aurora a Montero Álvarez, Nieves.

-Día: 7 de xuño de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Montero Amoedo, Carmen a Moure Oliva, Leoncio, Juan.

Horario: 16 horas a 19 horas.

De: Moure Vázquez, Mª Rosario a Pereira Martínez, Matilde.

-Día: 10 de xuño de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Pereira Parada, Elena a Pérez Rodríguez, Aurelio.

Horario: 16 horas a 19 horas.

De: Pérez Rodríguez, Hdros. Manuel a Reinaldo Estévez, Serafín.

-Día: 11 de xuño de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Reinaldo Ramos, Amparo a Rodríguez Conde, Juan.

Horario: 16 horas a 19 horas.

De: Rguez. Cordeiro, Rogelio a Rodríguez González, Mª Milagros.

-Día: 12 de xuño de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Rguez. Lorenzo, Hdros. Rogelia a Rguez. Rguez. hdros. Manuel.

Horario: 16 horas a 19 horas.

De: Rodríguez Rodríguez, Jesusa a Rodríguez Vázquez, Roberto.

-Día: 13 de xuño de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: De Rguez. Ventura, Jose A. e irmán a Teijeira Barata, Flora.

Horario: 16 horas a 19 horas.

De: Teijeira Domínguez, Leonardo a Vázquez Gómez, José Benito.

-Día: 14 de xuño de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Vázquez Lobariñas, Dolores a Vázquez Vázquez, José.

Horario: 16 horas a 19 horas.

De: Vázquez Vázquez, Josefa a Yáñez Vázquez, José Manuel.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no Concello de Crecente e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia (r/ Said Armesto, 1) 36001-Pontevedra.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Pontevedra, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 19 de abril de 2002.

Fausto Núñez Vilar

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas de Pontevedra