A dirección xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, modificada pola Orde de 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), convoca o seguinte concurso público:
1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.
a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación.
b) Número de expediente:
C.P. 4/2002, 5/2002, 6/2002, 7/2002, 9/2002, 12/2002, 14/2002 e 18/2002. (Subministración sucesiva).
2. Obxecto da contratación.
a) Descrición do obxecto:
C.P. 4/2002. Adquisición de fíos de sutura e suturas mecánicas.
C.P. 5/2002. Adquisición de material de hixiene e protección.
C.P. 6/2002. Adquisición de material de esterilización.
C.P. 7/2002. Adquisición de sensores de pulsioximetría.
C.P. 9/2002. Adquisición de sistema de extracción ó baleiro.
C.P. 12/2002. Adquisición de apósitos hidrocoloides e complementos.
C.P. 14/2002. Adquisición de apósitos, vendas e outros.
C.P. 18/2002. Adquisición de material de punción.
b) División en lotes:
C.P. 4/2002, 5/2002, 6/2002, 7/2002, 9/2002, 12/2002, 14/2002 e 18/2002. Punto 9.2 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de entrega:
C.P. 4/2002, 5/2002, 6/2002, 7/2002, 9/2002, 12/2002, 14/2002 e 18/2002. Punto 16 da folla de especificacións do prego-tipo de clásulas administrativas particulares.
d) Prazo de entrega:
C.P. 4/2002, 5/2002, 6/2002, 7/2002, 9/2002, 12/2002, 14/2002 e 18/2002. Punto 7.2 da folla de especificacións do prego-tipo de clásulas administrativas particulares.
3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.
a) Tramitación:
C.P. 4/2002, 5/2002, 6/2002, 7/2002, 9/2002, 12/2002, 14/2002 e 18/2002. Ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Modalidade: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
C.P. 4/2002. 122.321,53 A.
C.P. 5/2002. 130.408,97 A.
C.P. 6/2002. 35.897,46 A.
C.P. 7/2002. 117.543,06 A.
C.P. 9/2002. 187.568,15 A.
C.P. 12/2002. 83.372,60 A.
C.P. 14/2002. 114.091,82 A.
C.P. 18/2002. 97.193,78 A.
5. Garantías.
C.P. 4/2002, 5/2002, 6/2002, 7/2002, 9/2002, 12/2002, 14/2002 e 18/2002.
Provisional: 2% do orzamento de licitación ou de cada lote ó que se concorre. (Ve-la folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares).
Definitiva: 4% do orzamento de licitación. (Ve-la folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares).
6. Obtención de documentación e información.
O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, 15405-Ferrol (A Coruña). Teléfono 981 33 45 14. Fax 981 33 40 84.
7. Requisitos específicos do contratista.
As solvencias económica, financeira e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sinalados nos anexos I e II do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Prazo límite de presentación: antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.
b) Documentación que hai que presentar:
C.P. 4/2002, 5/2002, 6/2002, 7/2002, 9/2002, 12/2002, 14/2002 e 18/2002. A especificada no punto 5 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: ve-lo punto 1, rexistro xeral.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.
e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.
9. Apertura das proposicións.
Será realizada en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.
10. Outras informacións.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.
Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no punto 13 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.
Ferrol, 16 de abril de 2002.
Pedro Molina Coll
Director xerente do Complexo Hospitalario Arquitecto
Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol