Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2002, do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, concurso público 402/2002 para a concesión da explotación da cafetería e comedor, así como a instalación de máquinas expendedoras de bebidas quentes e frías, e de alimentos secos no Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións-Unidade de Contratación.

b) Número de expediente: C.P. 402/2002.

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto: concesión da explotación da cafetería e comedor, así como a instalación de máquinas expendedoras de bebidas quentes e frías, e de alimentos secos no Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Canon: a cantidade anual mínima que o concesionario terá que aboar será de 1.803,04 A.

* 1.502,53 A, canon pertencente á cesión do local destinado á cafetería do Hospital Arquitecto Marcide.

* 300,51 A, canon pertencente á cesión do local destinado á cafetería do Hospital Profesor Novoa Santos.

5. Garantías.

Provisional: 1.502,53 A.

Definitiva: 3.005,06 A.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos concursantes, para o seu exame, tódolos días laborais, agás os sábados, das 9 ás 15 horas, no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos; estrada de San Pedro, s/n, 15405-Ferrol (A Coruña). Teléfono 981 33 40 32. Fax 981 33 40 84.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se lle esixirá clasificación ó contratista.

A solvencia económica e financeira e a solvencia técnica acreditaranse conforme o recollido nos artigos 16.1 a) e c) do TRLCAP, ambos para a solvencia económica; así como os requisitos previstos na letra b) do artigo 19 do TRLCAP, para a solvencia técnica o profesional.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-P. Novoa Santos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións.

Será realizada en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, os dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibida a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no punto 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio desta resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

Ferrol, 25 de marzo de 2002.

Ricardo López Boullón

Director xerente en funcións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol