Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución dos expedientes OU 205/01P e OU 207/01P, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen do expediente sancionador, por presuntas infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e máis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 30/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formular cantas alegacións consideren pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiráselles ó delegado provincial desta consellería, para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 15 de marzo de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 205/01P.

Denunciado: Modesto Crespo Fernández.

DNI: 34987292.

Último domicilio coñecido: Urbanización La Caleta, Adeje. Santa Cruz de Tenerife.

Feito probado: pescar sen licencia que o habilite para a práctica desta actividade en Galicia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: multa de 300,51 euros, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.

Expediente: OU 207/01P.

Denunciado: Luis Gonzalves Cunha.

DNI: 44480026G.

Último domicilio coñecido: Barrio Recanto do Caravel, 14-4º, esquerda, Ourense.

Feito probado: pescar empregando engado natural (asticot), prohibido desde o 15 de xullo fóra dos encoros do anexo IV da Orde do 20 de xaneiro de 2000.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.9º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 60,10 euros.