Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.797

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros da Resolución do 7 de febreiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 35, do 18 de febreiro), pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Advertidos erros materiais na Resolución do 7 de febreiro de 2002 (DOG nº 35, do 18 de febreiro), da Dirección Xeral da Función Pública, pola que

se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia, esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais no sentido de:

-Modificar nas relacións definitivas de aspirantes admitidos ó proceso selectivo do grupo II-categoría 006 (educador/a e outros/as) pola quenda de acceso libre no sentido de incluír a Ana Mª Villanueva Vázquez con DNI nº 33240869-G.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública