Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 25 de marzo de 2002, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se fai pública a notificación da proposta de resolución do expediente sancionador PESAN1 2001/000266-2.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan as propostas dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de oito días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto para presentaren ante a delegación territorial as alegacións que coiden pertinentes.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Territorial de Lugo en Celeiro-Viveiro, avda. Ramón Canosa, s/n, 27863.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000266-2.

Denunciado: Francisco José Leonardo López.

DNI: 76404457-K.

Enderezo: r/ Tras das Cercas, nº 2, Cedeira (A Coruña).

Celeiro-Viveiro, 25 de marzo de 2002.

Cristina López-Escobar Fernández

Instructora

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS