Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación para a instalación eléctrica que se cita. (Expediente 3/2001 A.T.).

O 7 de marzo de 2002 a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio de Economía dictou resolucións polas que se autoriza administrativamente, se declara, en concreto, de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da L.A.T. a 400 kV entrada e saída na subestación de Boimente da liña As Pontes de García Rodríguez I-Aluminio Español. Expediente 003/2001 A.T. que afecta, na provincia de Lugo, o termo municipal de Viveiro.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Baseándose no anterior, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar, o día 7 de maio de 2002, a tódalas persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se expón como anexo a esta resolución, e tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Viveiro, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 16 de abril, no BOP de Lugo do 10 de abril, e no xornal El Progreso do 6 de abril de 2001, para que comparezan no Concello de Viveiro como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que

se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado ós interesados mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se sinalará o día e ahora para o levantamento de actas previas; así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Viveiro estará exposta a data do levantamento de actas. Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3º da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a tódolos interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta dele

gación provincial ata o momento do levantamento de actas previas, para os únicos efectos de emenda-los posibles erros padecidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2º do regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, tentada esta, non se puidese practicar, e así dirixi-las dilixencias ó Ministerio Fiscal segundo o establecido no artigo 5 a Lei de expropiación forzosa.

Lugo, 9 de abril de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Liña de transporte de enerxía eléctrica a 400 kV entrada e saída na subestación de Boimente da liña

Aluminio-As Pontes de García Rodríguez I

Entrada na subestación de Boimente da liña 400 kV Aluminio-As Pontes de García Rodríguez I

Nº parcelaPropietario eDatos do predioAfección

segundo

proxecto

enderezo

Lugar

Parcela nº

Pol. nº

VooApoios e anel

posta a terra

Ocup.

Terreo

segundo

catastro

Servid. voo

(m)

Sup. (m)tempor.

(m)

154Vicente e Balbino Fdez. Fdez.

Lamaceda, 17

27866 San Pedro, Viveiro

Catastral:

María Fdez. Llanderrozas

San Pedro, Boimente, Viveiro

CP: 27864

Chao da Aldara182484.74441104.744Monte alto

172Maruja Orol Gómez

Cora, Valcarría, Viveiro

CP: 27866

Fonte das Vacas18747 312-- 312Monte alto

Saída na subestación de Boimente da liña 400 kV Aluminio-As Pontes de García Rodríguez I

Nº parcelaPropietario eDatos do predioAfección

segundo

proxecto

enderezo

Lugar

Parcela nº

Pol. nº

VooApoios e anel

posta a terra

Ocup.

Terreo

segundo

catastro

Servid. voo

(m)

Sup. (m)tempor.

(m)

197Clara Rivera Rouco

Candomiñas, San Andrés

Boimente, Viveiro, CP: 27864

Raúl Torres Ribeira

Rúa Jesús Nolla, Viveiro

CP: 27850

Gulpilleiras370471.418--1.418Eucaliptos

210Evagelina Balseiro Rivera

R/ José Mara Álvarez, nº 6

Cervo

Catastral:

Plácido Mon García

Cervo, Viveiro, CP: 27850

Gulpilleiras 15471.815--1.815Eucaliptos

258Francisco Galdo

Hotel O'Valdo Naseiro

San Pedro, Viveiro

CP: 27866

Bouza21543 20-- 20Eucaliptos

266Francisco Galdo

Hotel O'Valdo Naseiro

San Pedro, Viveiro

CP: 27866

Porto Madeiro22443 20-- 20Eucaliptos e

monte alto