Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2002 Páx. 5.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 7 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/55-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T, C.T. e R.B.T. A Tarela-Pazos.

Situación: concello de Nigrán.

Características técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 143 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, desde un apoio metálico existente da L.M.T. ó C.T. A Tarela, ata un apoio metálico existente no p.k. 1,500 da estrada PO-332, desde onde continúa en subterránea 650 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., ata o C.T. que se proxecta na Tarela-Pazos, concello de Nigrán, de 160 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 250 m de lonxitude, con condcutor tipo R.Z., desde o C.T. A Tarela-Pazos. R.B.T, áerea, de 400 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. existente Nigrán I. R.B.T., subteránea, de 35 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. da Tarela-Pazos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 7 de marzo de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra