Mediante resolución rectoral da Universidade de Vigo do 17 de agosto de 2000 (BOE do 6 de setembro), convocouse a concurso a praza con referencia 35/2000 pertencente ó corpo de profesores titulares de escola universitaria, da área de coñecemento de psicoloxía social, do departamento de Análise e Intervención Psicosocieducativa.
Presentadas reclamacións contra a proposta formulada pola comisión xulgadora do concurso, a comisión de reclamacións prevista no artigo 43 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, acordou deixar sen efecto a proposta elevada pola comisión xulgadora e a non provisión da praza.
Consecuentemente, en atribución das competencias que lle atribúen a devandita Lei 11/1983 e os estatutos da Universidade de Vigo, este rectorado resolveu dar por concluído o procedemento e declarar deserta a praza anteriormente referenciada.
Vigo, 18 de marzo de 2002.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo