Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2002 Páx. 5.395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do concello, na súa sesión do 28 de xaneiro de 2002, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do polígono A do solo urbanizable non programado número 10 (SUNP-10) en Carme de Abaixo, promovido por Santiago Montero Viña.

Contra este acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo