Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2002 Páx. 5.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-417).

Por Resolución desta alcaldía 1852/2002, con data do 5 de abril de 2002, acordouse aprobar inicialmente o Plan parcial sector solo urbanizable de Canide, en Maianca, presentado por Promotora de Viviendas Urbanas, S.L.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do citado expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 9 de abril de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta