Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2002 Páx. 5.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU-1/2002).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 15 de marzo de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro: aprobar inicialmente o proxecto básico e de execución de apertura e urbanización da Ronda de Monte Alto (tramo glorieta Alcalde Sanjurjo-rúa Mauricio Farto Parra) e do sistema viario local do polígono G2-01 do PXOM e do que o promotor é a xunta de compensación do polígono G2-01 no ámbito que comprende a construcción da Ronda de Monte Alto, entre a glorieta da rúa Alcalde Sanjurjo e a rúa Mauricio Farto Parra, suxeito ás condicións que se indican no corpo do informe técnico municipal con data do 14 de marzo de 2002.

Segundo: ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de Planeamento do Servicio de Urbanismo, en horario laboral das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán por conta do seu promotor.

A Coruña, 22 de marzo de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo