Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2002 Páx. 5.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

RESOLUCIÓN da Alcaldía relativa á oferta de emprego público 2002.

Vista a resolución desta alcaldía, do 31 de xaneiro de 2002, relativa á aprobación da oferta de emprego público deste concello para o ano 2002.

Entendido que hai un erro material, consistente en que se fai referencia a persoal laboral fixo, cando se trata de persoal funcionario.

Por esta resolución e á vista do erro material cometido, cómpre corrixi-lo erro, e a oferta debe quedar do seguinte xeito:

Oferta de emprego público.

Persoal funcionario:

Grupo artigo 30 da Lei 30/1984: D.

Clasificación: Administración especial.

Nº de prazas: 1.

Denominación: auxiliar administrativo.

Sistema de provisión: sistema libre.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Así o acorda e dispón o alcalde-presidente, José Manuel Cendán Fernández, en Ares, 7 de marzo de 2002, do que eu, secretario, dou fe.

O alcalde-presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado