Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2002 Páx. 5.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación do concurso 100/2002.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de

contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 alínea j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicataria.

Organismo: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

Número de expediente: 100/2002.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: contrato de subministracións.

Descrición do obxecto: subministración de deterxentes e productos químicos.

Anuncio de licitación publicado no DOG nº 242, do 17 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: anticipada.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 81.900 A.

5. Adxudicación.

Datas: 30 de xaneiro de 2002.

Contratista:

Expte.: C.100/2002.

Lote: 1.

Prezo unitario máximo (A/ud): 0,0910.

Adxudicatario: Diverseylever, S.A.

Importe unitario adxudicado (A/ud): 0,0671.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade

co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 14 de marzo de 2002.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña