Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2002 Páx. 5.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ACORDO do 12 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da resolución de inicio do expediente sancionador de sanidade alimentaria 86/2001.

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que se identifica cos datos que a continuación se relacionan, que con esta data se acorda, por non ser posible a súa notificación a través de correos, publica-la notificación da resolución de inicio do expediente sancionador nº 86/2001, incoado por infracción do Decreto 239/1986, do 24 de xullo, da Xunta de Galicia, que aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos e do Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, que fixa as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización de productos pesqueiros e da acuicultura, modificado polo Real decreto 1840/1997, do 5 de decembro. O expedientado dispón do prazo de quince días para examina-lo expediente na delegación provincial de Sanidade de Ourense (avda. de Zamora, nº 13), a fin de

poder presenta-las alegacións correspondentes, se o considera oportuno, segundo preceptúa o artigo 16.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Expediente sancionador: nº 86/2001.

Denunciado: Nilo López Conde.

DNI: 34954511.

Último domicilio coñecido: rúa Sampaio, nº 18-3º, Ourense.

Ourense, 12 de marzo de 2002.

José F. Troncoso Casares

Delegado provincial de Ourense