Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2002 Páx. 5.355

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 8 de abril de 2002 pola que se resolve convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciada por Orde do 22 de febreiro de 2002.

Convocada por Orde do 22 de febreiro de 2002 (DOG nº 50, do 11 de marzo) a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de tra

ballo vacantes na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 22 de febreiro de 2002 (DOG nº 50, do 11 de marzo).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencionso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais

ANEXO I

NRP ou DNI: 1221214957A2051.

Apelidos e nome: Pérez González, Manuel.

Grupo: B.

Corpo/escala: xestión.

Código do posto: XUC020000115770020.

Denominación: Servicio de Contratación e Obras.

Nivel: 28A.

Dependencia: secretaría xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

NRP ou DNI: 1625466724A2060.

Apelidos e nome: López Juiz, María Gloria.

Grupo: A.

Corpo/escala: superior.

Código do posto: XUC030000215770005.

Denominación: Servicio de Xestión de Persoal.

Nivel: 28A.

Dependencia: Dirección Xeral de Xustiza.

Localidade: Santiago de Compostela.

NRP ou DNI: 3325783157A2059.

Apelidos e nome: García Castro, María Antonia.

Grupo: D.

Corpo/escala: auxiliar.

Código do posto: XUC060000015770002.

Denominación: secretario/a do director xeral.

Nivel: 18.

Dependencia: Dirección Xeral de Administración Local.

Localidade: Santiago de Compostela.

NRP ou DNI: 3325857724A2053.

Apelidos e nome: Noya Martínez, María Ángeles.

Grupo: C.

Corpo/escala: administrativo.

Código do posto: XUC060000115770005.

Denominación: Sección de Xestión Económica e Admón. (Habilitación).

Nivel: 25.

Dependencia: Dirección Xeral de Administración Local.

Localidade: Santiago de Compostela.