Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2002 pola que se publica a contratación dun seguro de asistencia sanitaria complementaria para o persoal, funcionario e laboral, do Concello de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Gober-

no. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato: contratación, mediante concurso, dunha póliza de asistencia sanitaria complementaria para o persoal, funcionario e laboral, do Concello de Pontevedra.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento de licitación: prezo máximo 33 euros por persoa/mes, incluído todo xénero de gastos, impostos e IVE.

5. Garantías: provisional: 3.500 euros. Definitiva: 18.000 euros.

6. Obtención de documentación e información: a) Lugar: Servicio de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02. b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. b) Documentación que hai que presentar: cláusulas 12 e 13 do prego. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra, das 9 ás 13.30 horas.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación, ás 10 horas do primeiro martes seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, coa excepción do sinalado na cláusula 15 para o suposto de presentación de ofertas noutros rexistros.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos: a) Os de anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios sinalados no prego. b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato, incluído o IVE. c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

Pontevedra, 9 de abril de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

Raimundo González Carballo

Tenente de alcalde