Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO (expediente 205/2002).

De conformidade co disposto no artigo 78 do TR da Lei de contratos das administracións públicas anúnciase concurso polo procedemento aberto para a adxudicación polo Concello de Marín da subministración de maquinaria para o servicio de limpeza, de conformidade co seguinte contido:

1. Obxecto: a adxudicación da subministración de maquinaria para o servicio de limpeza.

2. Prezo do contrato: 180.000 euros (IVE incluído).

3. Garantía: definitiva polo 4% do importe da adxudicación.

4. Prazo e presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Marín, en horas de 9 a 14, agás do sábado que será de 9 a 13 h durante o prazo de quince días naturais (15), contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no DOG.

(Terase en conta para estes efectos a última publicación en calquera destes dous diarios oficiais).

5. Publicidade do expediente: a documentación necesaria e demais condicións deste concurso figuran no correspondente prego de condicións administrativas particulares que se atopan á disposición dos interesados na secretaría do concello para o seu exame.

6. Apertura de proposicións: o sobre B que conterá a proposición económica, abrirase na Sala da Comisión de Goberno do Concello de Marín, ás 13 horas do quinto día hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado celebrarase o luns á mesma hora.

Marín, 2 de abril de 2002.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde