Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Gondar III e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
a) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito de data 13-6-2001, Francisco Núñez Soutullo solicitou autorización para transmisión da concesión da batea Gondar III.
Segundo.-Os informes do servicio de protección dos recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
b) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, por proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería
RESOLVE:
Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Ismael Pérez Díaz (35370539-N), Teresa Bea Lores (76835073-P), Francisco Manuel Pérez Bea (76860244-V) e Mónica Maqueira Aguete (76870282-G), da concesión que se indica a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Gondar III.
Situación:
Cuadrícula nº: 39.
Polígono: A.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 15-7-1953.
Remate da vixencia: 26-8-2002.
Actual titular: Francisco Núñez Soutullo (35440793-R) e Juana Mª Fontoira Domínguez (35439209-G).
Novo titular: Ismael Pérez Díaz (35370539-N), Teresa Bea Lores (76835073-P), Francisco Manuel Pérez Bea (76860244-V) e Mónica Maqueira Aguete (76870282-G).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-O titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 29 de novembro de 2001.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120,
do 24 de xuño)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Pontevedra