Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 21 de marzo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número V-2000/0224, interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, do 21 de xuño de 2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificaselle ó interesado, co último domicilio coñecido na rúa López Dafonte, rueiro 23, portal 3, 2º esquerda, 15406 Ferrol, A Coruña, da resolución do recurso de alzada número V-2000/0224, interposto por José Miguel Bouza Freire, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) do 21 de xuño de 2000, da que a súa parte dispositiva di:

Resuelvo desestima-lo recurso de alzada (exp. nº V-2000/0224) interposto por José Miguel Bouza Freire, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) da Coruña, do 21 de xuño de 2000, pola que se acorda o lanzamento de José M. Bouza Freire e Ana García Sánchez da vivenda que ocupan, sita en Ferrol, rúa López Dafonte, rueiro 23, portal 3, 2º esquerda (exp. C-82/010, conta 175), outorgando un prazo previo ó dito lanzamento de 15 días para o seu desaloxo voluntario; resolución que se confirma.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa poderá interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña de acordo cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

E para que conste y lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2002.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda