Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.284

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2002 pola que se convoca o premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais inéditos.

O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais -IGAEM- convoca a edición para o ano 2002 do premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais, para escritores que presenten un texto teatral inédito en galego, non representado e non premiado noutros concursos, escrito en galego normativizado, e que conta cunha dotación económica de 6.010,12 euros.

O período de admisión de orixinais remata no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As bases desta convocatoria están depositadas no rexistro do IGAEM, Pavillón de Galicia, San Lázaro s/n, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2002.

Aníbal Otero Fernández

Xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas

e Musicais

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA