Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.251

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 132/2002, do 4 de abril, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, feita polo Concello de Pontevedra, dun predio situado na rúa Juan Carlos I de Pontevedra, para a construcción do edificio do Conservatorio Profesional de Música.

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Pontevedra, reunido en sesión que tivo lugar o día 28 de xullo de 2001, acordou ceder á Comunidade Autónoma de Galicia o predio situado na

rúa Juan Carlos I, da cidade de Pontevedra, para a construcción do edificio do Conservatorio Profesional de Música.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Pontevedra acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de abril de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión, feita polo Concello de Pontevedra, a título gratuíto, do predio de 4.092 m, situado na rúa Juan Carlos I de Pontevedra, cos seguintes lindeiros: norte, vía secundaria; sur, vía secundaria; leste, resto da parcela de equipamento público E-3, pertencente á unidade de execución número 2; oeste, vía principal.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra no tomo 1.295, libro 612, folio 150, predio nº 50.611.

Artigo 2º

O predio cedido destinarase á construcción do edificio do Conservatorio Profesional de Música para a cidade de Pontevedra.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, catro de abril de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda