Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2002 Páx. 5.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 12 de marzo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do expediente sancionador 15-1049/2001 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-1049/2001 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, tamén poderá interpoñer calquera outro que estime pertinente o seu dereito.

Se non fose recorrida no devandito prazo, a sancion devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), oficina de relación con organismos (0388) Santiago de Compostela, noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do seguinte mes ou o immediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o immediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-1049/2001.

Denunciado: Edificaciones y Ventas del Noroeste, S.L.

Enderezo: avda. do Exército nº 46-5º D, 15006 A Coruña.

Sanción e motivos: 601,01 euros (seiscentos un euros con un céntimo), por obstrucción ó labor inspector.

Data de resolución: 13-2-2002.

A Coruña, 12 de marzo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña