Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2002 Páx. 5.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 27 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/44-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decre

to 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e reforma c. seccionamento Príncipe Felipe-cerv. Marcón.

Situación: concello de Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 247 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde un apoio existente da L.M.T. MUR 804-Marín II ata o centro de seccionamento existente de Príncipe Felipe, que se vai reformar, no concello de Pontevedra. Reforma centro de seccionamento con 5 celas modulares de liña e outra de axuste.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 27 de febreiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra