Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2002 Páx. 5.153

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de marzo de 2002 pola que se revoga a autorización do centro autorizado de danza elemental Druída, da Coruña.

O centro autorizado de danza elemental Druída foi creado como centro non oficial recoñecido de grao profesional de danza por Decreto 56/1992, do 13 de febreiro (DOG do 3 de marzo), segundo o disposto no Decreto 1987/1964, do 18 de xuño (BOE do 14 de xullo).

Coa implantación da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4 de outubro), e en aplicación do establecido na disposición transitoria segunda do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas (BOE do 28 de abril), pasou a estar autorizado unicamente para o grao elemental da nova ordenación do sistema educativo (LOXSE).

Este centro cambiou de domicilio sen cumpri-lo establecido no artigo 10 do Decreto 253/1995, do 29 de setembro, sobre autorización a centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas (DOG do 11 de outubro) e no punto sexto da Orde do 5 de decembro de 1995, que o desenvolve (DOG do 7 de febreiro de 1996). O centro foi autorizado na rúa Rosalía de Castro, 1, da Coruña, sendo o domicilio actual a rúa Francisco Añón, 26, baixo, da mesma cidade.

No artigo 10 do indicado decreto establécese que se considera circunstancia que dá lugar a unha nova autorización o cambio de domicilio do centro por traslado de instalacións, e o artigo sexto da mencionada orde sinala que estas solicitudes de nova autorización se tramitarán segundo o procedemento de autorización de novos centros.

Á vista do expediente administrativo deste centro, e tendo en conta que na tramitación do procedemento que nos ocupa se cumpriron tódolos trámites previstos no Decreto 253/1993, do 29 de setembro, e de acordo co establecido artigo 14.3º deste decreto, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Revoga-la autorización administrativa do centro autorizado de danza elemental Druída, da Coruña, para imparti-las ensinanzas do grao elemental de danza previstas no artigo 39.1º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do

sistema educativo, segundo os datos que figuran no anexo a esta orde.

Segundo.-A presente orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 novembro), ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Terceiro.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación non Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: rúa Rosalía de Castro, 1.

Código do centro: 15027198.

Titular: Mercedes Suárez Rodríguez.

Denominación xenérica: centro autorizado de danza elemental.

Denominación específica: Druída.

Ensinanzas: grao elemental de danza.