Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: recuamento L.M.T. avda. de Lugo-Semáforo Montecelo 110.
Situación: concello de Pontevedra.
Características técnicas: recuamento L.M.T., a 20 kV, de 50 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a subestación Mourente ata a L.M.T.S. Monte Porreiro, na zona da avda. de Lugo-Semáforo de Montecelo 110, no concello de Pontevedra.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 27 de febreiro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra