Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.124

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2002 pola que se convoca un curso de reciclaxe.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2002, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso de reciclaxe para policías locais, segundo o

previsto no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivos dota-los policías dunha formación complementaria e multidisciplinar, de xeito que lles permita acadar unha actualización na normativa e operativa policial, que lles sexa útil no seu desempeño profesional.

Destinatarios.

O curso vai dirixido a todos aqueles policías locais de Galicia que non ingresaran no corpo de Policía Local a través da Academia Galega de Seguridade.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta, debéndose comunicar esta antes do 23 de abril de 2002 para efectua-la correspondente reserva de praza.

Prazas.

O curso só se desenvolverá se hai un mínimo de 15 solicitantes.

Solicitudes.

1. Os policías que desexen asistir a este curso deberán remitir un escrito, a través dos concellos, á Academia Galega de Seguridade, solicitando a participación no curso de reciclaxe para policías locais; para efectua-la correspondente reserva de praza para a realización do devandito curso.

2. O prazo para a remisión de escritos rematará o día 23 de abril de 2002.

3. Os escritos deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada.

Contido e duración.

O curso celebrarase na Academia Galega de Seguridade, sita na avenida da Cultura, s/n, no Concello da Estrada, e terá unha duración de 180 horas lectivas.

O curso está composto polas seguintes áreas:

-Área xurídica.

-Área humanística.

-Área técnica policial.

-Área operativa policial.

Datas.

O curso celebraráse nas seguintes datas:

-Maio: días 2, 6, 9, 13, 16, 20, 23, 27 e 30.

-Xuño: días 3, 6, 10, 13, 17, 20 e 24.

-Xullo: días 1 e 4.

O horario será das 9.30 ás 14.30 horas, e das 16 ás 21 horas.

Desenvolvemento do curso.

Os alumnos da Academia Galega de Seguridade durante o seu período de permanencia na academia rexeranse polo regulamento de réxime interior desta, publicado no DOG do 28-7-1995, nº 144.

Certificado.

Ó remate do curso entregaráselle un certificado a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nel e superen as correspondentes probas de coñecementos.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás

necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 1 de abril de 2002.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade