Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 5.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DO SALNÉS

EDICTO.

Anúnciase concurso público para a adxudicación dos traballos de asistencia externa para a coordinación e supervisión na realización do estudio técnico inicial e asesoramento nos informes do proxecto Life 00 ENV/000560 de xestión integral dos residuos pesqueiros nunha área litoral: experiencia piloto, de acordo cos pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares aprobados para o efecto. Orzamento de licitación: 45.076 A.

As proposicións presentaranse no rexistro da mancomunidade (con sede no Concello de Cambados), de 9 a 14 horas, durante os 15 días seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG. en sobres pechados, coa documentación e características esixidas no prego de cláusulas administrativas.

O acto de apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello de Cambados, ás 12 horas do día hábil seguinte ó remate do prazo de dous días establecido para a emenda de defectos materiais da documentación, se procedese.

O prego (no que se inclúe o modelo de proposición), e a restante documentación, poderá solicitarse na secretaría da mancomunidade.

Cambados, marzo de 2002.

José M. Cores Tourís

Presidente da Mancomunidade del Salnés