Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 5.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2002 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da determinación do tipo de bens para a adxudicación da subministración de equipamento de oficina con destino á Deputación Provincial da Coruña (2002). (Expediente 02/2404 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: determinación do tipo de bens para a adxudicación da subministración e instalación de equipos de oficina: fotocopiadoras e telefax destinados á deputación.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de vixencia: un ano.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 36.180 euros, desagregado en 2 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: a) Polo que se refire ó contrato de determinación de tipo, o órgano de contratación entende que non procede a esixencia de garantía definitiva. b) Polo que se refire ás subministracións específicas, o 4% do prezo de adxudicación do contrato.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º. 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite. Ata as 13 horas dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación en BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 4 de abril de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña