Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/488).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. da Arteixo, 171, 15007 A Coruña

Denominación: L.M.T. Ourille-Fruíme e C.T.C. Ardeleiros.

Situación: Rianxo e Lousame.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV baixo tubo e conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 3.330 metros de lonxitude, coa orixe en liña que alimenta o C.T. Ourille e final na L.M.T. que alimenta os CC.TT. da Escabia e a Cabalariza.

Centro de transformación, tipo caseta prefabricada de formigón, do cal entra e sae a liña anterior. en Ardeleiros, de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 110 metros que se conecta á rede existente no lugar. Concellos de Rianxo e Lousame.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 7 de marzo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña